Tendencias

‘Nós’, elixida Palabra do ano 2020 por votación popular

Conseguiu 3 de cada 10 votos emitidos. Entre as finalistas destacaron termos relacionados coa COVID como pandemia, máscara ou vacina.

  • 28 dic 2020 / 12:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

‘Nós’ foi a palabra gañadora da votación popular para ‘Palabra do Ano 2020’ promovida polo Portal das Palabras, a páxina web para a divulgación do léxico galego da Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié.

‘Nós’, que conseguiu tres de cada dez votos emitidos, erixiuse como gañadora entre unha serie de finalistas ente as que destacaron palabras relacionadas coa covid-19 como ‘gromo’, na súa acepción de ‘aparición repentina dunha enfermidade epidémica entre a poboación dun determinado lugar’ --que a RAG incorporou ao seu dicionario en 2020--, ‘pandemia’, ‘máscara’ e ‘vacina’.

A Real Academia Galega barallou, nun comunicado, que a elección de ‘Nós’ como palabra deste 2020 pode deberse a un intento de “evasión colectiva nun ano en que a covid-19 disparou a utilización de novos termos”.

Ademais, indicou que con este vocábulo a poboación galega honra a celebración do centenario da xeración Nós e “mira cara ao futuro con optimismo, xa que a saída da crise global provocada polo coronavirus depende da primeira persona do plural”.

Con todo, a segunda palabra máis votada por detrás de ‘Nós’, foi ‘seteiro’, en referencia ao grupo de estrelas denominado tamén ‘arqueiro’ e que o Seminario de Terminoloxía da Real Academia Galega aprobou na súa lista normalizada de nomes galegos de constelacións.

SANTIAGO. EUROPA PRESS

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.