Tendencias

Nova aposta para propagar o pasado romano de Bueu

Román Rodríguez anuncia un investimento de 225.000€ para gabar ese patrimonio cultural

  • 29 ago 2021 / 00:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anunciou este sábado en Bueu (Pontevedra) que a Xunta impulsará a posta en marcha dunha nova Sala de Interpretación que poña en valor o pasado romano da vila cun investimento de 225.000 euros.

Como explicou, trátase dunha infraestrutura que suporá un paso importante para difundir o patrimonio cultural e completar a oferta museística da localidade, onde se sitúa xa o Museo Massó -un dos máis importantes da Península no ámbito da cultura mariñeira- e fará posible divulgar os restos atopados nos dous xacementos arqueolóxicos descubertos durante as escavacións do lugar da Pescadoira.

“A Xunta sufragará máis do 80% da obra que suporá facer visitables uns fondos de especial valor para a vila e tamén para o resto de Galicia”, expresou Rodríguez

Neste sentido, informou que esta colaboración, que se materializará a través dun convenio co Concello, suporá a musealización de pezas que corresponden a un obradoiro de cerámica como un forno de planta circular e restos dunha fábrica de salgadura do século II D.C, entre outras edificacións anexas atopadas na escavación arqueolóxica realizada na rúa Montero Ríos (lugar da Pescadoira) para a urbanización do lugar. Ademais, o Concello de Bueu acondicionará un local de propiedade municipal.

A Xunta completa a musealización da historia da pesca en Bueu con este proxecto que se suma aos traballos que vén realizando no Museo Massó para o acondicionamento das cubertas, carpintería e fachada por máis de 80.000 euros. Son uns traballos claves que que tamén farán posible ampliar o espazo de exposición permanente no Museo que se adicaría a Urbano Lugrís.

Como expresou o conselleiro, con ambas actuacións, a Xunta blinda a oferta museística da localidade e facilita un percorrido cronolóxico pola historia da vila.

Neste sentido, empezarase pola nova Sala de Interpretación do Bueu Romano, continuarase polo Museo Massó no que se pode coñecer a historia da industria conserveira da zona, rematando a visita no Estaleiro de Purro, peza clave do patrimonio marítimo representativa das carpinterías da ribeira, para coñecer a construción das embarcacións tradicionais.

Con estas accións, a Xunta continúa garantindo a difusión do patrimonio cultural galego e unha oferta museística completa e de calidade que se rixe coa nova Lei de Museos, xa en vigor que está a permitir coordinar e xestionar de xeito integrado a política neste eido.

O Museo Massó encóntrase instalado nas naves industriais da antiga conserveira Massó Hermanos, nas inmediacións do porto de Bueu, na ría de Pontevedra.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.