Tendencias

Nove premiados por diferentes historias con ‘moita mensaxe’

A RAG e PuntoGal entregaron os galardóns do IV Concurso de Microrrelatos en lingua galega

  • 28 jun 2021 / 19:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Real Academia Galega e PuntoGal entregaron onte os premios do IV Concurso de microrrelatos que ambas institucións convocan conxuntamente co propósito de reforzar a presenza da lingua e da identidade propias na Rede.

As persoas gañadoras nas tres categorías , infantil, xuvenil e adulto, de entre 8 e 35 anos, leron no salón de actos da Academia cadansúa historia, nove contos que suman menos de 1.200 palabras. Os presidentes da RAG e de PuntoGal, Víctor F. Freixanes e Manuel González González, entregaron os galardóns acompañados doutros membros dos dous xurados encargados de avaliar os preto de 1.600 historias `con moita mensaxe, segundo a RAG.

A gañadora do primeiro premio na modalidade de adultos é Pomba de Toro (Ourense, 1985) con Non gástesche; Luca Chao (Lugo, 1988) conseguiu o segundo con Aves de paso e María Cabaleiro (Tui, 1993), o terceiro, con Sara.

Alba Guzmán (Ourense, 2003) fíxose, con Bolboreta, co primeiro premio da modalidade xuvenil, na que que Nayara Alonso (Salceda de Caselas, 2004) foi recoñecida co segundo por Ela e Lucía Álvarez (Vigo, 2004), co terceiro, por A choiva.

Álex Gallego (Arcade; 2010) foi galardoado co primeiro premio de infantil (ata 11 anos) con Saíndo do túnel e Niara Cabrerizo (Moaña, 2013) e Carmen Mendaña (Santiago de Compostela, 2011), co segundo e o terceiro, respectivamente, por Unha mala noite e Papá.

Os presidentes da RAG e de PuntoGal, Víctor Fernández Freixanes e Manuel González González, fixeron entrega dos galardóns acompañados doutros membros dos dous xurados encargados de avaliar os preto de 1.600 relatos de ata 200 palabras que concorreron á última edición do certame, máis do dobre que na anterior.

No acto, Fernández Freixanes sostivo que “esta é xa unha iniciativa de referencia na que participa xente de todo tipo que sente que ten algo que dicir, e que quere facer chegar a súa mensaxe ao público en galego”.

Pola súa banda, Manuel González destacou a “numerosa” participación de concursantes de todas as idades, o que “se está convertendo nun estímulo para a escritura en galego e nunha vía para que moitos galegos e galegas traten de expresar de maneira literaria as súas ilusións”.

Os gañadores recibirán distintos premios tecnolóxicos como computadores, consolas, libros electrónicos, todos eles relacionados coa lectura.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.