Tendencias

Novidades acaídas: un álbum narrativo

  • 25 may 2020 / 23:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Parabéns a Hércules de Ediciones por facernos chegar, nestes momentos de confinamento, o álbum narrativo O meu baleiro, do escritor e ilustrador Marcos Viso (Ourense, 1973). Unha obra moi acaída para enchernos de emocións e facernos pensar nos nosos baleiros neste confinamento, provocado por un virus, ben descoñecido e mortal.

O baleiro ao protagonista desta obra, que conxuga en excelente sintonía a arte visual e a textual, parécelle non ter solución, pero a insistencia dos personaxes que se lle achegan (cisne, cabalo, balea) recordandándolle o que se necesita a compañía, o valor, a serenidade dun amigo, a aparición duns peixiños fóra da auga, fixérono repensar que, aínda que consideraba que non se sentía só, que non tiña medo, que estaba tranquilo, se equivocaba.

Sempre, recoñece, é preciso a calor da amizade para cubrir os baleiros, malia ter perdido o que consideraba imprescindible polo amor que se lle tiña.

marta.neira@usc.es

Tema marcado como favorito