Tendencias

Novo éxito de ‘48 horas para o si’ cun 15 % no seu tramo final

Cunha media do 12 % de cota, este formato de entretemento presentado cada martes por Iolanda Muiños sobresae de novo

  • 02 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Novo éxito de 48 horas para o si na Televisión de Galicia (TVG) despois da entrega do pasado martes: tivo un salientable 12 % de cota de pantalla media pero ben preto do 15 % na recta final do programa (un notable 14, 8 %).

Este novo espazo arredor dunha petición de man e unha voda por sorpresa acadou esta semana un bo seguimento que ven engadirse a os datos das dúas entregas previas, sindo agora un dos formatos revelación da Galega.

Está presentado pola coñecida actriz Iolanda Muiños.

Emoción e moito amor son os ingredientes desta proposta de entretemento da Galega para o prime time dos martes cun esquema onde un dos membros da parella protagonista xoga o todo polo todo, xa que debe preparar en 48 horas unha petición de man e unha voda sorpresa.

E durante este proceso, a audiencia coñece tamén as familias de ambos concursantes principais e goza dos enredos e momentos previos ao posible compromiso.

A CANLE PÚBLICA GALEGA VAI A MÁIS. Por outra banda, A Televisión de Galicia é a canle que máis medra de Galicia logo dos datos do mes de novembro e supera xa os algarismos (10% anual) acadados o ano pasado. A cota de pantalla da TVG creceu en novembro ata o 10,8% no conxunto do día e ata 11,6% no prime time, como resultado do incremento de espectadores todos os días da semana e a todas as horas do día.

No eido informativo, a Televisión de Galicia prolonga o seu liderado destacando un mes máis a franxa do mediodía, co Galicia Noticias e Telexornal Mediodía, chegando de luns a venres a un 20,3% e superando en case 2 puntos ao seguinte competidor.

Cómpre salientar o incremento en novembro de todos os informativos. Así, o espazo Bos Días crece 2,6 puntos de luns a venres e 1,6 puntos na fin de semana, unhas das franxas de máis valía.

Tamén A Revista, que medra nove décimas; o informativo Galicia Noticias (sobe 1,3 puntos), e Galicia Noticias Fin de Semana (sobe 2,3 puntos); o Telexornal Mediodía (sobe 1,9 puntos), Telexornal Mediodía Fin de Semana (sobe 1,1 puntos), Telexornal Serán (sobe 1,9 puntos), e Telexornal Serán Fin de Semana, con dous puntos máis.

En novembro, a TVG medrou na faixa de maior consumo televisivo, o prime time, ata acadar o liderado absoluto da noite dos sábados co binomio Atrápame se podes e Bamboleo, e conseguiu medrar no conxunto da faixa case un punto. O consumo nesta fracción horaria crece en todos os días da semana, e cinco días, os martes (11,7%), mércores (12%), xoves (12,9%), venres (12,5%) e sábados (12,9%) rematan por riba do 10% neste horario. Con este dato, a TVG coloca a súa oferta máis preto do primeiro lugar en Galicia superando a Antena 3 nesta faixa nun punto (10,6%). Este incremento de audiencias en TDT é paralelo ao desenvolvemento dixital das canles da CRTVG.

Neste tramo final do presente ano naceron dúas apostas no eido dixital da corporación pública galega: o novo portal de noticias da www.g24.gal e radiogalegapodcast.gal, para achegar o servizo público aos novos hábitos de consumo.

tendencias@elcorreogallego.es

www

elcorreogallego.es

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.