Tendencias

O Concello de Ferrol presenta mañá o libro que a xornalista Patricia Hermida escribiu durante o confinamento

O acto terá lugar ás 18h no centro cultural Torrente Ballester coa presenza do alcalde, Ángel Mato; a concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados; o subdirector de El correo, José Antonio Pérez Docampo, e a autora

  • 05 may 2021 / 16:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Muller e Igualdade, que dirixe Cristina Prados, presentará mañá xoves, 6 de maio, no patio do centro cultural do Torrente Ballester, ás 18 horas, o libro ‘Antonio. Diario do Confinamento’ que a xornalista Patricia Hermida (San Sadurniño, 1977) escribiu durante o tempo que non se puido saír de casa por mor da crise sanitaria da covid-19. Acudirá ao acto o alcalde de Ferrol, Ángel Mato; a concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados; o subdirector de EL CORREO GALLEGO, José Antonio Pérez Docampo; e a propia escritora.

A edición do libro, a cargo do Concello e coordinado polo Club de Prensa, forma parte da programación deseñada pola concellería de Muller e Igualdade por mor do pasado Día Internacional da Muller, o 8 de marzo. O texto recolle columnas escritas pola xornalista durante o confinamento e publicadas en El Correo Gallego ao longo do pasado ano sobre o papel da muller e nai xornalista en tempos de pandemia ao tempo que representa unha homenaxe ao pai da autora, falecido hai agora un ano.

Hermida licenciouse en Periodismo en 1999 pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). É nai de dous xemelgos de catro anos e desde hai 20 exerce como correspondente de RNE en Ferrolterra, emprego que durante 17 anos compaxinou coa correspondencia de EL CORREO GALLEGO.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.