Tendencias

O foro do audiovisual galego AuGAL regresa o vindeiro luns

A Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo colaboran un ano máis na organización desta masterclass // Faise en Pontevedra

  • 10 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

AuGAL, Master Class do Audiovisual Galego, que celebra a partir do luns 15 de novembro a súa 11ª edición e recupera o formato orixinal. O programa, para o que acaba de abrirse o prazo de matrícula, desenvolverase arredor de seis sesións que terán lugar ata mediados de decembro na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra.

As actividades para o curso lectivo 2021-2022 foron presentadas este mediodía na Casa das Campás da capital do Lérez coa participación do director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, en representación da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Interviñeron, así mesmo, o vicerreitor do Campus de Pontevedra, Jorge Soto; a decana da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Emma Torres, e o profesor Paulino Pérez, coordinador de AuGAL xunto con Miguel Anxo Fernández.

O responsable de Industrias Culturas da Xunta destacou este regreso da master class á súa estrutura habitual, tras unha décima edición que tivo que ser aprazada ao pasado mes de maio e adaptar o seu formato para aos condicionantes sanitarios impostos pola pandemia.

Subliñou tamén o carácter divulgativo de AuGAL como plataforma para difundir o proceso de creación e produción das obras cinematográficas e televisivas con selo galego, tanto entre os propios profesionais como entre o alumnado que proximamente pasará a formar parte deste sector. Ao tempo, dáselles visibilidade aos novos creadores con sesións específicas centradas nas curtametraxes.

Esta undécima edición arrancará o vindeiro luns 15 de novembro coa sesión titulada Como facer unha longametraxe en dúas semanas, na que o director Alfonso Zarauza compartirá a súa experiencia ao respecto con Malencolía, o seu último traballo.

A xornada do mércores 17 estará centrada en Cuñados, primeira longa cinematográfica de Portocabo, co gallo de analizar o proceso de escrita e desenvolvemento do seu guión da man da xornalista Araceli Gonda.

Os traballos seleccionadas na última entrega de Shorts from Galicia, catálogo editado anualmente pola Xunta para a promoción das curtas galegas, serán os protagonistas do encontro do luns día 22.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.