Tendencias

O fotógrafo Carlos Rodríguez amosa a ‘paisaxe de futuro’

Ven de publicar un libro con 150 imaxes nas que traza pontes entre o novo e o vello, o propio e o universal, destacou Alfonso Rueda

  • 17 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, subliñou o potencial da fotografía e da paisaxe para reflectir unha Galicia orgullosa da súa bagaxe. O mandatario galego, que participou onte na presentación do libro Galicia, paisaxe de futuro, do fotógrafo Carlos Rodríguez, asegurou no acto que a publicación contén 150 razóns, tantas como fotografías, para que a Comunidade “reivindique desde as súas tradicións ata as manifestacións máis vangardistas da terra.” O titular do Goberno galego asegurou que o compendio fotográfico “é un fiel reflexo de como Galicia e os galegos son quen de integrar con harmonía a súa diversidade”.

Por unha banda, dixo, a do seu patrimonio, conxugando os elementos naturais cos construídos; por outra, a do diálogo constante entre o urbano e o rural; e por último, a variada gama de actividades nas que despuntan os galegos e que se reflicte na súa arquitectura ou na súa industria.

A entender de Alfonso Rueda, Carlos Rodríguez “traza pontes entre o novo e o vello, o erudito e o popular, o propio e o universal, así como a tradición que vai da man dun futuro cheo de ilusión. “Todo cabe en Galicia”, asegurou o presidente da Xunta, quen felicitou ao autor por ser quen de recoller toda esa diversidade nunha miscelánea artística.

A presentación do libro Galicia, paisaxe de futuro tamén asistiron o alcalde de Santiago, Xosé S. Bugallo; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; e o xornalista Fernando Ónega, entre outros.

Tema marcado como favorito