Tendencias

O ‘Garaxe Hermético’ triunfa nos Premios Curuxa de banda deseñada

Recoñecidos cos primeiro e segundo a alumna Nuria Martínez (Nova 2021) e o mestre de Narrativa gráfica e técnicas tradicionais Fernando Iglesias (Kohell)

  • 14 jul 2021 / 10:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A alumna de 2º Curso profesional de Banda Deseñada en O Garaxe Hermético, Nuria Martínez gañou o 1º Premio Curuxa Nova 2021, e o mestre de Narrativa gráfica e técnicas tradicionais Fernando Iglesias (Kohell) gañou o 2º Premio Curuxa 2021, que xa gañou no 2019 por un debuxo presentado co título “Éxodo”. Na súa análise, o xurado incide en que esta obra traslada unha mensaxe “que condensa moi ben a realidade galega e unha forma de ver a vida moi próxima ao noso territorio co humor autóctono, a retranca galega”. Tamén salientou que é un estilo “moi ben resolto en canto ás liñas, composición e elección de cores, en xeral moi adecuado para o humor gráfico”.

En relación aos gañadores do Premio Curuxa Nova, o xurado destacou do traballo de Nuria Martínez Carbó, que acadou o 1º premio Curuxa Nova por un debuxo titulado “Un cadáver con sorte”, sinalando como principal valor “a capacidade de xerar sorpresa entre o estilo inicial e a mensaxe que se descubre finalmente”, ademais de poñer o acento na súa “forte ironía”. O fallo engade, ademais, “a elección dun estilo que non é moi habitual no humor gráfico, tipo fotograma ou viñeta de novela gráfica”.

O Garaxe Hermético foi creado no 2012 polo historietista, ilustrador e editor Kiko da Silva, é a primeira escola de banda deseñada de Galicia. Nove anos despois, xa se nota a súa pegada na cidade de Pontevedra e no resto do país. Nestos case 10 anos de vida O GARAXE HERMÉTICO recibiu o Premio Ourense á Mellor Iniciativa de Banda Deseñada 2012 e 2 dos seus alumnos/as Miriam Iglesias e Sergio Sink recibiron o PREMIO INTERNACIONAL DE ESCOLAS DE CÓMIC no 2018 e 2020 respectivamente. Das súas aulas saíron máis de 25 de libros de bd en galego, dos que destacan obras como TAM, de Anémona de Río; CURUXA de Fon ou O DERRADEIRO LIBRO DE EMMA OLSEN de Pablo Prado que adapta a novela homónima de Berta Dávila e que recibiu o Premio Follas Novas na categoría de Mellor Banda Deseñada 2020. Así como os PREMIOS “O GARAXE HERMÉTICO” creados pola escola e XERAIS, nas que gañaron Anémona de Río coa súa obra “A PROBA DE AUGA” e “ Miguel Rojo e Pablo Prado con “NEREA e o príncipe da sorte”

www.ogaraxehermetico.com

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.