Tendencias

O museo de Lugo cumple 90 anos homenaxeando aos seus benefactores

  • 19 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Lugo. O Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo vén de editar un fermoso e luxoso volume sobre a historia do museo, obra da súa directora Aurelia Balseiro. O libro titúlase Museo Provincial de Lugo. Orixe e consolidación 1932-1982. Estos 50 anos son o periodo no que máis afonda a investigadora Balseiro García, falando dos mecenas e benefactores da institución neses primeiros anos.

No libro fala do paso de convento a museo, cun primeiro proxecto de transformación e adaptacións dos edificios. Enumera os seus arquitectos e menciona a súa reinauguración en 1967 e das reformas posteriores: a ampliación de 1970. Hai pinceladas da Praza-xardín do Museo e da Praza da Soidade como Praza do Museo.

A divulgación do libro coincidiu cun acto de homenaxe aos mecenas feito pola Vicepresidencia da Diputación, que dirixe Maite Ferreiro, quen descubriu o 29 de decembro unha placa homenaxe ás persoas e institucións que abeiraron a idea de Museo décadas antes da súa creación en 1932.

Así a inscripción destaca o pulo que deron ao futuro proxecto a Comisión Provincial de Monumentos Artísticos de Lugo e o deputado provincial Joaquín Arias Sanjurjo, que formulou a primeira proposta de creación do museo en 1912. Froilán Varela

Tema marcado como favorito