Tendencias
V Premios do Clúster da Comunicación de Galicia

‘O pacto do letargo’, de Miguelanxo Prado e deseñado por Kiko da Silva, gaña o premio ao mellor libro editado

É o primeiro volume dunha triloxía que saíu ó mercado galego en agosto de 2020 e que xa leva dúas edicións en galego

  • 13 feb 2021 / 15:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O pacto do letargo, de Miguelanxo Prado, editado por Retranca Editora, deseñado por Kiko da Silva e impreso en Gráficas Anduriña, gañou o Premio ó Mellor Libro Editado nos Premios Paraugas 2020 do Clúster Comunicación de Galicia. Kiko da Silva, editor de Retranca e deseñador gráfico responsable da edición, agradeceu onte nas súas redes sociais nada máis coñecerse o veredicto do xurado a Gráficas Anduriña, “por ser tan bos profesionais e facer realidade todas as miñas tolemias de deseño editorial. Grazas a Miguelanxo Prado por confiar a súa nova banda deseñada a Retranca Editora e deixarse contaxiar por esta paixón miña por facer libros especiais. E moitísimas grazas tamén a todos os libreiros que apostaron por O pacto do letargo, antes incluso de que saíse á venda! Unha aposta feita co corazón, máis aínda nestes momentos tan difíciles que estamos vivindo. Estou moi contento porque este Premio a O pacto do letargo, banda deseñada feita en Galiza, editada e impresa en Pontevedra, é a mostra de que a Pandemia non vai poder coa cultura. Seguiremos facendo bos libros e apostando polas empresas e creadores/as galegas!!!”

O pacto do letargo é o primeiro volume dunha triloxía creada polo prestixioso autor Miguelanxo Prado (Premio Nacional de cómic 2013) que saíu ó mercado galego en agosto de 2020 e que xa leva dúas edicións en galego. Retranca editora fixo unha edición especial cun prezo moi asequible, no que os lectores podían ver a ilustración orixinial sen letras do título nin logotipos tal e como Prado a creara, ademáis de outros detalles especiais como portadiñas en papel vexetal ou un ISBN cun debuxo do demo protagonista.

O libro completouse co libro ATELIER: Miguelanxo Prado, cunha longa entrevista realizada ao autor por Kiko da Silva no que Prado nos amosa a cociña do seu estudo de creación e amosa todo o proceso da elaboración dunha banda deseñada.


A HISTORIA

Os seres e os feitos marabillosos que escapan ás leis da Natureza e a Ciencia están presentes na maioría das crenzas e as relixións. E aparecen sempre agrupados en dúas castes antagónicas: bos e ruíns, anxos e demos, fadas e bruxas... E o ser humano queda aí, no medio, loitando coa súa propia natureza ambivalente. Cando menos, así o contamos nós mesmos, os humanos. Pero, no fondo, nunca escoitamos a versión das outras partes...

E se o papel da humanidade nesta historia non fora o que ela mesma se atribúe? E se non foi tan inocente e pasivo como se pretende? Este é o punto de partida para que Miguelanxo Prado nos faga preguntarnos sobre o fráxil equilibrio entre o home e a natureza.

Encadernación en cartoné coa ilustración de portada e contraportada limpas, sen textos, para disfrutar da imaxen orixinal tal cal foi deseñada por Miguelanxo Prado. Sobrecuberta en acetato transparente serigrafiado cos textos e logotipos. Tamaño pechado: 240 x 320 mm. 104 páxinas a toda cor máis gardas. Con portadiña en papel vexetal. Impreso en papel Offset extra de 160 g/m2.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.