Tendencias

O profesor Fiz Fernández ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

Pasará a formar parte como académico numerario da sección de Química e Xeoloxía

  • 06 sep 2021 / 17:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrará este martes no Pazo de San Roque de Santiago, a partir das 19.00 horas, o acto de ingreso do especialista en oceanografía química, en masas de auga, no ciclo do carbono mariño e na acidificación dos océanos Fiz Fernández Pérez, profesor de Investigación do Instituto de Investigacións Mariñas en Vigo do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).

Intégrase na institución como académico numerario da Sección de Química e Xeoloxía. Fiz Fernández pronunciará o seu discurso de ingreso, titulado A diferencial oceánica, que será contestado en nome da institución polo membro numerario da Sección de Química e Xeoloxía da RAGC, Antonio Ballester Álvarez-Pardiñas.

O presidente da RAGC, Juan Lema Rodicio, abrirá o acto ao que asistirán outros académicos, o vicerrector de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Vicente Pérez Muñuzuri; o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña (UDC), Salvador Naya; o profesor Gabriel Rosón, en representación da Universidade de Vigo (Uvigo), e o novo delegado Institucional do CSIC en Galicia, Francisco Javier Rey Campos; entre outros.

Fiz Fernández é doutor en Química pola USC. Foi director de 20 teses e é autor de máis de 200 artigos científicos en revistas internacionais e capítulos de libros.

É o investigador principal de 28 proxectos de investigación nacionais e europeos.

É líder científico en cinco campañas oceanográficas internacionais nos buques Hérsperides e Sarmiento de Gamboa, participando ademais noutras 27 campañas no marco de programas internacionais WOCE, Clivar e actualmente en Gpship.

Tamén foi membro do Comité Asesor Científico para a xestión do desastre do Prestige, participando en dúas inmersións no batiscafo Nautile. Foi organizador do XV Seminario Ibérico de Química Mariña e coordinador da rede española Clivar. É investigador visitante en centros mariños de Southampton, as Universidades de Princeton e Columbia e MBARI-California), e ofrece colaboración co Ifremer-Brest. É asesor científico do Global Carbon Project e no cumio da COP-X de UNFCCC en Bos Aires.

O evento retransmitirase a través da canle de YouTube da RAGC: https://youtu.be/mk0jHFPVg9Y. ecg

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.