Tendencias

“O venres sempre foi un día diferente para toda a miña familia”

Os dous mellores consellos que recibiu do seu pai foron “ser insistente” e “bo compañeiro” // Levou a súa fama dunha maneira “moi natural”

  • 18 oct 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ao seu ver, Luar “transmite cultura, que vai dende traer ás señoras pandereteiras de sempre, até grupos que levan 40 ou 50 anos tocando, pasando por grandes artistas do noso panorama autonómico, coma Carlos Núñez ou Cristina Pato”, e engade que “unha televisión pública está obrigada a traer cultura musical de todos os estilos, dando cabida a todas esas personaxes”.

Deste modo, Ana incide en que Luar triunfou e segue a triunfar porque “se trata dun programa que a televisión lle debe ao público, actuando coma un servicio que está aí”, así que, “si non se chama Luar terá que chamarse doutro xeito, pero a idea, o concepto do que é, debería seguir existindo, tamén coma unha forma de coidar e promocionar o idioma galego”.

A xoven, que agora ten 30 anos, conviviu practicamente toda a súa vida co programa. “Eu sempre digo que non recordo a vida sen Luar”, asegura, debido a que “cando eu nacín, durante o meu primeiro ano de vida, o meu pai sí que estaba facendo outro programa (Pensando en ti), mais diso non teño ningún recordo”.

“Para min os venres sempre foron un día da semana diferente, porque meu pai non estaba na casa; antes os ensaios comezaban ás 12.00 da mañá e el logo chegaba de madrugada”, rememora Ana. “O venres era como o que vai a misa os domingos”, asevera entre risas.

OS SEUS COMEZOS NA COMUNICACIÓN. Gracias ao seu pai, en grande medida, ela acabou introducíndose no mundo da comunicación. “Sempre me gustou, dende moi xoven, escribir e ler, e o mundo da televisión chamábame moito a atención, así que cando crecín e xa podía comezar a latar ao colexio os venres pola tarde, íame para o plató con meu pai”, recorda Ana Gayoso.

Aí, precisamente, “foi onde comecei a descubrir que me gustaba, era marabilloso, e, como todo traballo, é algo que che ten que gustar”.

Súa nai, agora xubilada, foi enfermeira e “podería haber herdado a súa vocación”, sen embargo, “sempre compartín moito con meu pai a nivel persoal e profesional, xa que os nosos gustos son parecidos e, ao ser filla, dalgunha maneira queres semellarte un pouquiño aos teus pais”.

Ademais, outra das cousas que lle chamou especialmente a atención foi “o equipo de traballo”, con moi boa relación entre sí, “o que fai que te animes ao ir a traballar”.

“A verdade é que sempre vin a miña nai e o meu pai ir moi felices a traballar, pese a que hai días moi complicados, como en todo, aínda que sí que perseguín iso, o poder adicarme como eles a un traballo que me gustase”, di.

CoMO LEVOU A FAMA Do SEU PAI. No que respecta á súa vida como filla do coñecido presentador de televisión, Ana afirma non haber sido moi consciente de ser familia dalguén famoso.

“Si eres consciente, sendo moi pequena, de que paran a teu pai pola rúa e sabes que algo diferente hai nel, mais sempre o vivín dunha forma moi orgánica, moi natural, porque para min non foi un salto como sí puido selo para miña nai, que coñeceu ao meu pai sendo totalmente anónimo; eu xa non recordo a miña vida sen este tipo de sucesos”, asevera.

Tanto é así que confesa que, “para min, sería aínda máis raro o día no que meu pai decidise desaparecer dos medios e ninguen lle parase pola rúa”. Ademais, asegura que “cando eres unha persona coñecida exposte a iso, a que che paren pola rúa, polo que tes posto o modo do traballo as 24 horas, non che resulta nada novo”.

PRIMEIRAS VECES NO PLATÓ DE ‘LUAR’. A súa primeira vez no plató de Luar foi sendo ela moi xoven. “Non sei se tería dous anos ou así, leváronme a un especial de Nadal, aínda que diso non me acordo”, relata Ana, cuxo primer paso polo programa sendo ela consciente diso foi “cando tiña 11 ou 12 anos, un venres que era festivo na Coruña e lle dixen ao meu pai que quería ir traballar con el, algo que para calquera neno é moi raro poder facer (se teu pai é médico, non podes ir con el ao quirófano), mais parecíame moi divertido poder ir”.

A resposta de Gayoso foi: “Mira que é moi longo e se logo estás cansada non podo levarte á casa... Quería dicirme que mo pensase ben, pero eu decidín ir igual”.

UN MUNDO NOVO. Sobre ese día, “meu pai sempre me di que non foi consciente de que eu estaba alí, imaxínate o ensimismada e flipada que debía estar... Recordo as mesas do público durante os ensaios, e eu estar na parte datrás cos músicos e bailaríns coidando de min, recordoo todo como moi flipante, e quixen volver máis veces”.

mellores consellos

Ser insistente. A nivel profesional, seu pai sempre lle aconsellou “ser insistente”. Nesta profesión “se queres algo tes que insistir, nadie che vai traer nada á porta da casa; ás veces, nin insistindo chega”.

Bo compañeiro. A este consello súmase o de: “ser bo compañeiro, algo no que meu pai me deixou o listón moi alto”. “Sempre foi moi bonito para min que me falasen ben del”, sentencia Ana Gayoso.

Tema marcado como favorito