Tendencias

Oiva Juntunen en banda deseñada, en Rinoceronte

  • 30 may 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A novela finlandesa Hirtettyjen kettujen metsä, escrita por Arto Tapio Paasilinna (Kittilä, 1942-2018) no ano 1983, verteuse ao galego hai uns anos da man de Tomás González Ahola e publicouse na editorial Rinoceronte baixo o título O bosque dos raposos aforcados. Esta narra as vivencias de Oiva Juntunen, un ladrón finlandés que ten que agocharse cos seus prezados lingotes de ouro na Laponia, onde se atopará cun militar e cunha anciá, Remes e Naskia, cos que compartirá moreas de rocambolescas aventuras.

O francés Nicolas Dumontheuil adaptou esta trepidante narración ao formato da banda deseñada, que volve ser traída ao galego por mediación de Rinoceronte, desta volta en tradución de Sergio Gómez Blanco. O lectorado galego mozo, e tamén o adulto, poderá gozar agora da adaptación desta novela traducida a varias linguas e mesmo levada á gran pantalla por Jouko Suikkari nun novo e atractivo formato.

marta.neira@usc.es

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.