Tendencias

Os graffiti premiados e finalistas do Xuventude Crea, na Ánxel Casal

  • 28 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

EXPOSICIÓN A Xunta realizará unha exposición na biblioteca pública Ánxel Casal con seis obras premiadas e finalistas no Xuventude Crea 2020 na especialidade de graffiti. Estas creacións poderanse ver desde o próximo martes e ata o día 31 de marzo no horario de apertura da biblioteca.

En concreto, trátase dos tres graffitis premiados: O raposo, do artista coruñés Javier Caamaño; Estilo en continua construción, do vigués Adrián Lomba, e Entusiasmo luminoso, do mozo Daniel Fernández, de Baiona. Así mesmo, se exporán a obra merecedora da mención de honra, Escornabois, da coruñesa Fernanda Rodríguez, e outras dúas obras finalistas: Macaco, do coruñés Ismael Pérez, e Level’20, de Daniel Abreu, de Navia.

Esta exposición enmárcase dentro do novo proxecto da Consellería de Política Social, que trata de poñer en valor e darlle visibilidade ás obras das persoas mozas premiadas de cada edición, máis alá da celebración das diferentes fases finais.

Así, ademais desta mostra, organizaranse este ano outras actividades destacadas, como unha exposición itinerante retrospectiva sobre o pasado e o futuro do programa, ou a publicación da novela curta gañadora Cando sangren os lobos, por Edición Xerais. redACCIÓN

Tema marcado como favorito