Tendencias

Ourense como centro de referencia do audiovisual

Baltar destacou que o OUFF fixo xa da Cidade das Burgas “o auténtico plató de Galicia”

  • 06 oct 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar xunto co coordinador artístico do festival, Miguel Anxo Fernández, e o coordinador técnico, Aurelio Gómez Villar, foron onte os encargados de facer balance sobre a especial edición do 25 aniversario do Festival de Cine de Ourense,e anunciar as datas da 26 edición, do 26 de setembro ao 2 de outubro.

O presidente do goberno provincial agradeceu o traballo dos coordinadores e do seu equipo de traballo, integrado por máis de 30 persoas, “por cumprir exitosamente e ao 99,99% o programa previsto, executando tódalas propostas incluídas nesta ambiciosa programación, agás a suspensión dos concertos de Luar na Lubre e da Agrupación Musical da Limia por relación directa coa pandemia”

Baltar lembrou que esta edición contou con “91 proxeccións, incluídas as curtametraxes, sendo un Festival de Cine máis ourensán ca nunca, coa implicación de empresas de tódolos sectores, e o máis salientable: a implicación do público”. A proba disto é a alta participación na asistencia a salas de proxección, esgotando as entradas na maioria das sesións, pero tamén o corroboran as votacions “9 de cada 10 asistentes votou as películas. E o porcentaxe mais alta dos último anos”. Pola súa banda, Miguel Anxo Fernández quixo agradecer “ao presidente Baltar e a todo o equipo do festival pero, especialmente, estamos particularmente agradecidos á resposta da sociedade ourensá. Nestes tempo difíciles é moi gratificante ver como a xente está sensibilizada coa cultura e cumpre cos protocolos”.

Tamén fixo fincapé nas sesións matinais, das que “sacamos unha moi boa experiencia e estou convencido de que viñeron para quedarse”.

E destacou “a consolidación do festival como ámbito de referencia para o audiovisual galego” ademais da promoción das películas rodadas en Ourense, como sucedeu este ano coa estrea de “Olvido y León” na gala de inauguración e co avance de “Luarada” e “Non me espera ninguén” na clausura.”Esperamos que para o ano que vén podamos ter tamén algunha película que siga con esta liña e que deber ser xa xa un trazo diferencial do festival” afirmou.

Para a 26 edición anunciou que “pouco podemos adiantar das liñas da próxima edición ante a situación actual pero estamos seguros de que será o inicio do camiño cara outras 25 edicións máis. O que si podemos avanzar é que, ademais do convenio co Festival de Angoulême, manteremos as mesmas liñas de programación e potenciaremos curtas e Fas Muvis”.

Tamén destacou o importante papel da comunicación neste 25 aniversario, xa que “máis de 45 medios se interesaron polo festival, ademais dos medios locais e autonómicos habituais, incrementouse importantemente o número de blogs e webs de cine que seguiron a diario o que pasaba no OUFF”.

Hai que destacar tamén o importante incremento das interaccións nas redes sociais, o que dá bo exemplo da sona deste festival.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.