Tendencias

Para saber máis: itinerarios lectores de LIX

  • 23 nov 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

É unha boa nova falar da publicación de obras de cariz científico ou didáctico que se centran na Literatura Infantil e Xuvenil. Nesta ocasión a editorial Graó na serie Didáctica de la lengua y la literatura ofrece aos mediadores docentes o ensaio El abrazo de la literatura. Itinerarios lectores para infantil y primaria, do docente Jaume Centelles Pastor.

O volume achega 45 itinerarios lectores seleccionados para traballar na Educación Infantil e Primaria temas universais (amor, poder, morte, amizade, medo, vinganza, estereotipos de xénero, familiar, viaxe...), a partir de propostas didácticas divertidas, reflexivas e emotivas, contrastadas na práctica da aula. Así, o alumnado, grazas ás aventuras dun elenco de personaxes, pode reflexionar e aprender sobre a vida. É de salientar que na proposta sobre crecemento persoal e a ética (o valor da xustiza) teña escollido un clásico contemporáneo da LIX galega, A galiña azul, de Carlos Casares.

blanca.roig@usc.es

Tema marcado como favorito