Tendencias

Percorrido das artes escénicas e musicais galegas por dez países

Adxudicados 460.000 euros en axudas para o desenvolvemento de cincocentas actuacións en mercados profesionais de fóra de Galicia

  • 02 ago 2021 / 00:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Xunta de Galicia acaba de adxudicar 460.000 euros en subvencións ás actividades de distribución nas industrias culturais, correspondentes á convocatoria de 2021 e a través das que se apoia a presenza das artes escénicas e da música de Galicia en diferentes localidades do resto de España e doutros nove países.

As contías outorgadas na resolución, publicada na web do departamento de Industrias Culturais, destínanse a cofinanciar os gastos asumidos por 65 empresas culturais galegas no desenvolvemento de máis de cincocentas actuacións das formacións que representan, así como de quince accións de difusión do seu traballo en mercados e feiras profesionais en Alemaña, Bulgaria, Costa Rica, Francia, Holanda, Italia, Polonia e Reino Unido, ademais de en numerosas cidades españolas. Ademais, arredor de 53.000 euros do total adxudicado invístese en 44 funcións de xiras escénicas dentro de Galicia.

Maior difusión da cultura. A través desta iniciativa, a Xunta contribúe a impulsar a distribución e comercialización dos produtos culturais galegos dentro e fóra da comunidade, ao tempo que se fomenta a captación de públicos e se facilita o acceso da cultura galega a novos mercados internacionais. Cofináncianse os gastos que asumen as empresas á hora de buscar unha maior difusión do seu traballo.

Por sectores, as actividades de distribución de espectáculos no ámbito das artes escénicas (teatro, danza e novo circo) apóianse cun total de 280.152 euros, mentres que os 179.447 restantes destínanse a xiras e promoción da música de Galicia.

A raíz da actual situación sanitaria, España e Portugal concentran unha parte importante das actuacións subvencionadas na convocatoria de 2021, dirixida a actividades desenvolvidas entre o 1 de novembro de 2020 e o 31 de outubro de 2021, se ben tamén hai unha destacada presenza fóra da península Ibérica.

Así, a Xunta subvenciona con 25.000 euros 18 concertos de Carlos Núñez en Francia e Reino Unido, ademais de en España e Portugal.

Coa mesma contía apóianse 18 funcións de PistaCatro en Gran Bretaña e en diferentes puntos da península e a xira española de Xose A. Touriñán, con 22 funcións.

Pola súa banda, Matarile Teatro recibe máis de 20.000 euros para as súas actuacións na Comunidade Valenciana, Murcia, Cataluña ou Cantabria, mentres que La Macana viaxou ata Alemaña e Italia, ademais de por España e Portugal, cunha achega de case 11.000 euros para 17 funcións.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.