Tendencias

Peregrinación dos Balbinos por Galicia

  • 13 jun 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Fervenza Edicións en 2020 iniciou un proxecto editorial Os Balbinos, protagonizado por unha familia que percorre varios camiños desde un punto de Galicia a Compostela.

Foron catro os volumes publicados ata hoxe: O Camiño francés e a Ruta da Prata, en 2020; en setembro de 2021: Camiño Inglés e Camiño portugués. Caracterízanse por poder lerse en tres linguas (galega, castelá e inglesa) e, desde o punto de vista do relato, por iniciarse a partir dunha idea curiosa do clan familiar. O primeiro, dos publicados en 2021, partiu dun xogo do avó, que os levou, a modo de piratas, a iniciar o Camiño desde Ferrol; o segundo a idea foi da avoa, quen deseñou gorras co lema Ultreia, a causa de iniciar o Camiño en Tui. Con humor, amenidade e bo contar percórrese a xeografía galega relacionada co Camiño a Compostela, con boas guías ilustrativas e cartográficas para que o camiñante non se perda e goce.

blanca.roig@usc.es

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.