Pesar no mundo do bo xantar polo pasamento de Antonia Arnoso Paz
O seu restaurante Casa Toñita, en As Neves, é un referente da cociña galega
Santiago. Antonia Arnoso Paz, coñecida como Toñita e propietaria do restaurante do mesmo nome, finou o pasado sábado a didade de 85 anos. Famosa polo bo xantar do seu emblemático establecemento, foi unha adelantada ao seu tempo. Tivo iniciativa empresarial en tempos difíciles, que solventou con moito traballo e intelixencia.
Resolvia todos os problemas coa vontade de dar un bo servizo, buscando puntos en común e un equilibrio na súa contorna. Os seus pratos eran exquisitos e abundantes, rasgos propios da súa personalidade na que destacaba a xenerosidade que sempre mostrou cos seus clientes.
Non necesitou unha estrela Michelín para brilar na cociña, pero sempre foi recoñecida a súa labor polos seus veciños e os que visitaban o seu restaurante. Estaba en posesión da Medalla de Galicia e o seu concello entregoulle o título de Filla Predilecta da Capela. ECG