Tendencias

Proxecto cultural da Fundación Curros Enríquez máis Rei Zentolo

Colaboración cos deseñadores para realizar traballos cunha imaxe do poeta galego

  • 08 ago 2021 / 00:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. A Fundación Curros Enríquez lanza ó mercado unha campaña de reivindicación da Galicia desamparada a través da figura de Curros Enríquez, co que pretenden reivindicar o medio rural no que se atopa incardinado o entorno de influencia da propia Fundación Curros e mesmo de Celanova.

Para elo promoveu un acordo de colaboración cos deseñadores de Rei Zentolo para realizar un deseño que tomou como base de traballo, por unha banda unha imaxe do poeta e pola outra un poema que se mantén moi de actualidade e que xa formara parte doutra campaña anterior, pero renovando completamente o seu deseño. A imaxe de Curros Enríquez é unha caricatura do poeta vestido cun remedo de traxe tradicional que foi publicada na revista Madrid cómico do 27 de agosto de 1887 e á que lle foi engadida a lenda Eu son rural. Pola súa banda, a outra camiseta reproduce a famosa reflexión que Curros Enríquez fai no poema Mirando ó chau, que di “se eu fixen tal mundo que o demo me leve” e que no seu momento quixo ser unha crítica mordaz contra o contexto social no que se desenvolveu a vida de Manuel Curros Enríquez.

Tanto as camisetas como as bolsas poderán ser mercadas na propia Casa dos Poetas e na oficina de turismo, estando previsto que haxa comercios de Celanova que tamén se unan á campaña de reivindicación da vida no rural, poñéndoas tamén á venda.

Rei Zentolo, empresa con sede en Santiago, mistura nas súas ideas elementos da cultura galega cun chisco de humor e un puntiño de orixinalidade que fan desta marca unha bandeira da creatividade máis alá das fórmulas habituais no eido cultural, como proba esta chamativa colaboración de verán. redacción

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.