Rosa M. Calaf reivindica que o xornalimo debe contribuír á sociedade
Medios. A xornalista Rosa María Calaf reivindicou un xornalismo que visibilice “o que se quere calar”, coincidindo coa súa participación no V Encontro Acampa pola Paz.
Nunha comparecencia ante os medios, afirmou tamén que os danos ao medioambiente equivalen a unha “violación dos dereitos humanos” e defendeu que o labor dos medios de comunicación debe ser “humanizar” a información sobre o quecemento global.
Fíxoo durante unha rolda de prensa no V Encontro Acampa, na que estivo acompañada polo escritor guineano Juan Tomás Ávila, o fotoperiodista Javier Corso, e o coordinador da Rede Acampa, Xosé Abad.
Para Calaf, o labor dos medios é contribuír ao “coñecemento das sociedades”. Para iso, considerou que os cidadáns deben estar informados. “Para formarse unha opinión baseada en feitos plurais e veraces”. Calaf lembrou que o xornalismo “debe visibilizar o que se quere calar”. A xornalista dixo que isto “nunca foi sinxelo, pero que agora ten unha dificultade engadida”. Sinalou algúns problemas como a tecnoloxía, á que considerou como “marabillosa”, pero tamén “inimiga”. Outro dos problemas que denunciou é a intención mediática de “manipular” á opinión para “servir a intereses concretos”.EP