Tendencias

Rosa, Susana Seivane e máis Beatriz Luengo, convidadas novas en ‘Luar’

No arranque da trixésima temporada,
o programa obtivo
un 14,6% de cota

  • 17 sep 2021 / 00:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. Tras a excelente acollida da audiencia no arranque da trixésima temporada de Luar na TVG, que obtivo un 14,6% de cota de pantalla na franxa máis importante da xornada, o musical volve esta noite, presentado por Xosé R. Gayoso e Trisha Fernández, con máis ilusión se cabe para ofrecer unha nova edición única, na compaña de artistas de renome. Este venres brillarán sobre o escenario tres mulleres, cada unha no seu estilo, que destacan pola súa arte, carisma e forza. Así, a granadina Rosa López irromperá en Luar coa súa voz inconfundible e coas propostas do seu álbum máis íntimo e sentimental, Vacío. Pola súa parte, unha das nosas gaiteiras con maior proxección internacional, Susana Seivane, acudirá co seu novo traballo, Dende o meu balcón, co que a artista regresa ás raíces tradicionais que marcaron o inicio da súa carreira. E a versátil cantante, actriz, bailarina e empresaria Beatriz Luengo achegará algún dos seus éxitos máis recentes.

O cartel musical completarase coas actuacións da orquestra Fania Blanco Show, do artista Luis Iglesia, da agrupación Retranqueiros de Ames e da banda de acordeóns e gaitas da Escola Municipal de Meira.

No certame de novos talentos da canción Recantos’este venres enfrontaranse, por primeira vez na competición, Adrián Blanco, de Terras de Compostela, e Xisela, de Terras da Coruña.

Amais, o concurso telefónico do programa partirá cun bote de 1.000 euros e o humorista Marcos Pereiro ofrecerá un monólogo arredor dos 30 anos de vida de Luar. E por outra banda, tamén na grella da TVG, A Revista abordará un tema moi de actualidade: a adicción aos videoxogos, despois de que se coñecese que un mozo de 15 anos de Castellón é o primeiro caso clínico no mundo que tivo que ser hospitalizado pola súa adicción ao Fortnite. Para tratar esta cuestión, o programa contará coa presenza do director terapéutico da Asociación Galega de Xogadores Anónimos, Juan Lamas, e do profesor titular da Unidade de Psicoloxía do Consumidor da Universidade de Santiago (USC) Antonio Rial Boubeta, coordinador dun estudio sobre dereitos da infancia na contorna dixital.

Este espazo tamén se interesará polo incremento de calotes a clientes de bancos por parte de ciberdelincuentes. Loli Gómez conversará no estudio de gravación con Roberto Soto e Andrea Reborido, vítimas que recibiron mensaxes fraudulentas e viron baleiradas as súas contas bancarias de Abanca. Ecg

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.