Tendencias

Rosario Álvarez vai repetir mandato no Consello da Cultura

Afronta o novo período cun renovado impulso e mantendo os seus propios sinais de identidade

  • 03 jun 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O plenario do Consello da Cultura Galega validou o proxecto de Rosario Álvarez, que manifestou o seu desexo de continuar cunha dirección non presidencialista senón marcada por unha xestión participativa que contribúa a activar a implicación dos membros xunto cos das seccións, comisións e arquivos.

Na súa intervención, a presidenta electa incidiu na relevancia de fortalecer internamente a institución e reforzar a cohesión do sistema, procurando unha interlocución fluída con axentes culturais de diverso tipo.

Demandou a rele de ofrecer espazos de confluencia para a toda a sociedade nos que compartir reflexións, inquedanzas, balances, propostas de futuro, problemas e solucións, formación e divulgación de novo coñecemento, arredor da cultura galega.

Comparecerá como presidenta electa no Parlamento de Galicia e o seu nomeamento será efectuado polo Consello da Xunta de Galicia e posteriormente publicado no Diario Oficial de Galicia. Tras a súa incorporación oficial, o Pleno do Consello da Cultura Galega elixirá os membros da nova Comisión Executiva por proposta da presidenta.

O seu proxecto para os vindeiros catro anos responde ao principio de programación participativa, no que colabora todo o organigrama, xunto cun número crecente de parceiros de todo o sistema.

Manterá iniciativas xa estaban en marcha, como o programa de actividades seguindo un modelo institucional cohesionado; a estratexia de programación e comunicación dixitais; os informes, documentos de traballo e asesoría; o arrequecemento, xestión e explotación dos fondos dos centros de documentación do CCG, cunha mención á necesidade de visibilizar o fondo fotográfico propio.

Continúan tamén como liñas de traballo a aposta pola igualdade de oportunidades de acceso á cultura e ao seu desfrute; o deseño de estratexias para chegar a novos públicos co ánimo de estender os valores da lingua e a cultura galegas; e traballar pola súa internacionalización.

Entre as accións máis inmediatas, a conmemoración do 40º aniversario do CCG, cunha programación deseñada para visibilizar a institución e a relevancia do seu traballo, e para abrir unha etapa de plena madurez.

No primeiro mandato de Rosario Álvarez desenvolvéronse 358 actividades, cunha media de 71 anuais.

A busca de novos públicos, repensar os enfoques, as temáticas, os formatos de comunicación e actividades, así como a diversificación de actividades fóra da sede institucional en Santiago, son algunhas das liñas centrais.

Reforzouse a actividade asesora, con 191 informes, documentos de traballo, barómetros e conxunturas. Algúns deles tan destacados coma o realizado sobre o impacto da enerxía eólica na paisaxe cultural en Galicia, sobre os fondos patrimoniais do Centro Galego de Bos Aires ou sobre a situación do teatro galego. Contribuíu a intensificar os estudos sobre a realidade cultural, nomeadamente durante a pandemia.

Destacou a constitución do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos como unha forma de reforzar a liña de arquivos e centros de documentación da institución, centrada en poñer a disposición da cidadanía un servizo de materiais bibliográficos, webgráficos, hemerográficos e audiovisuais, de carácter especializado e permanentemente actualizado.

Durante este período dinamizouse ademais a acción exterior da institución.

Audiovisual

···Desenvolveuse unha liña de innovación en formatos que se integraron na programación e que concretou na elaboración de proxectos audiovisuais como ‘As mulleres do porvir’ ou ‘Aquí medra a lingua’.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.