Tendencias

Turismo aposta pola calidade como motor para a recuperación

Destaca que na actualidade xa se aprecia un cambio de tendencia de cara os meses do verán, onde se rexistran preto de cinco reservas por cada cancelación

  • 11 jun 2020 / 19:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, destacou a aposta pola sustentabilidade e a calidade como motores da recuperación do turismo galego tras a alerta sanitaria. Fíxoo durante unha intervención na xornada A crise do covid-19 e o sector turístico galego: Principais retos e liñas de actuación, organizada polo Goberno galego, o Grupo de investigación de Análise Territorial da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Vigo (UVigo).

Durante a sesión, na que tamén participaron o catedrático de Medicina Preventiva da USC, Juan Gestal, e o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, Román Rodríguez salientou que a recuperación da confianza é fundamental para favorecer a reactivación desta industria.

Precisamente, subliñou a importancia de seguir fomentando colaboración público-privada co obxectivo de apoiar aos negocios do sector á hora de adaptar os seus establecementos aos novos requirimentos de seguridade sanitaria. Neste sentido, recalcou a importancia do programa Galicia destino seguro, polo que o Goberno galego inviste preto de oito millóns de euros en diferentes actuacións para impulsar a nosa Comunidade como un destino fiable e de calidade a través de accións de información e formación ás empresas, asesoramento e apoio económico para axudar aos negocios a adaptarse ás novas esixencias. O titular de Cultura e Turismo explicou que os esforzos levados a cabo polas empresas e particulares do sector, así como polas distintas administracións, están comezando a dar os seus froitos.

Así, subliñou que na actualidade xa se aprecia un cambio de tendencia de cara os meses do verán, onde xa se rexistran preto de cinco reservas por cada cancelación.

Román Rodríguez puxo en valor as particularidades do turismo galego, especialmente no contexto actual onde os visitantes valoran cada vez máis elementos como a natureza, a paisaxe, o patrimonio ou feitos diferenciais como o Camiño de Santiago, que conforman un modelo de “turismo de autor”. De feito, subliñou a necesidade de seguir potenciando estes valores, potenciando a sustentabilidade, a calidade, a proximidade e a tecnoloxía, ofrecendo experiencias persoais e familiares á medida de cada visitante.

Propone la CE no abrir las fronteras antes del 1 de julio
Se debe tener en cuenta que la situación sanitaria sigue crítica en terceros países

Bruselas. La Comisión Europea (CE) propuso ayer a los Estados miembros de la Unión Europea que vayan abriendo gradualmente sus fronteras internas a partir del próximo lunes 15 de junio y que prolonguen el cierre de las externas al menos hasta el 1 de julio. “Dado que la situación sanitaria en ciertos terceros países sigue siendo crítica, la Comisión no propone un levantamiento general de las restricciones de viaje en esta etapa”, indicó el Ejecutivo comunitario en un comunicado.

La CE propone que a partir del 30 de junio se abran las fronteras para los Balcanes occidentales (Albania, Bosnia y Herzegovina, Kosovo, Montenegro, Macedonia Norte y Serbia) pero no cita específicamente ningún otro país. La mayoría de los países de la UE tiene previsto abrir sus fronteras internas a otros países de la Unión no más tarde del 15 de junio y la Comisión “alienta encarecidamente” al resto, como España, a eliminar las restricciones a la libre circulación y levantar los controles fronterizos internos “antes del 30 de junio”.

Los líderes de los Estados miembros de la UE acordaron el pasado 16 de marzo el cierre temporal de las fronteras externas de la Unión durante un período de 30 días, que se fue prolongando desde entonces hasta al menos el próximo 15 de junio. EFE

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.