Tendencias

Unha biografía novelada que é moi necesaria

  • 05 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Cada vez son máis as iniciativas que buscan dar voz e visibilidade a mulleres que foron precursoras, pioneiras ou salientaron nalgún aspecto laboral ou cultural, ao tempo que as dan a coñecer ao lectorado máis novo. É de salientar a editorial Cuarto de Inverno que na súa colección Infantil acaba de publicar A mestura de corremundos, de Arancha Nogueira con ilustracións de Ana Varela.

Trátase dunha necesaria biografía novelada na que se establece unha conversa entre dúas mestras e escritoras pioneiras na Literatura Infantil e Xuvenil galega, as irmáns Pura e Dora Vázquez, como se pode apreciar desde a ilustración da cuberta na que aparecen agarrando un libro. Así, mediante a voz narradora de Dora, o lectorado coñece os fitos vitais da súa irmá Pura, ademais de distintos lugares da cidade de Ourense e a súa óptica do mundo desde o feminismo. Unha interesante achega para saber máis da nosa cultura!

m.fboo@udc.es

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.