N1

“Definímonos como freestyle, facemos o que nos apetece en cada momento”

  • 29 ago 2020 / 00:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Sabela Maneiro (30 anos) é auxiliar de enfermería e técnica de Emerxencias Sanitarias. Esta formación queda a un lado poñendo por diante a súa pasión pola música tradicional galega. Dende os catro anos foi a clases de pandeireta xunto á súa irmá xemelga, Olaia, e ahí comezou a sentir algo especial. No día de hoxe aporta o seu talento ao grupo Tanxugueiras, dando a coñecer as súas cancións por todo o continente e que mañán presentan en A Estrada, en Solpores no Lagoeiro .

- ¿Dende sempre sentiches unha unión coa música galega?

Creo que xa me ven imposto dunha maneira natural. Os primeiros pasiños que das cando eres pequeno son os que che marcan, e supoño que dende aquela me quedou moi dentro a música tradicional. E máis, podo escoitar pop, rock ou o que sexa que cando a canto eu, sóname a música tradicional. A miña cabeza decodifícaa así e xa non teño escapatoria.

- Como se creou Tanxugueiras?

Creouse como un máis deses proxectos nos que non aspiras a ir a ningún lado. Tiñamos que facer un grupo para poder apuntarnos nas típicas festas de serán e foliadas. A miña irmán Olaia e máis eu cantamos dende pequeniñas e temos unha voz que empasta moi ben. De repente coñecimos a Aida que veu estudar a Santiago e démonos conta de que as nosas voces conxeniaban coa súa. Así comezou Tanxugueiras, que na actualidade é un formato que inclúe a Isaac Palacín como percusionista xunto a nós as tres.

- Que significado ten o nome do grupo?

Cando o puxemos non nos dabamos conta de que nos ían preguntar tanto por el. Tanxugueiras é unha toponimia, un conxunto de fincas do concello de Riós en Ourense. Como Aida é de Ribeira e nós as dúas de Teo non queriamos poñerlle un nome da nosa zona. Finalmente, uns amigos de Riós pasáronnos topónimos daquela zona e o de Tanxugueiras atrapounos.

- Cal é o estilo musical no que vos centrades?

Todas as pezas beben da música tradicional. Son coplas tradicionais e no caso de que non sexan adaptámolas. O que facemos é un traballo extenso de escoitar todo tipo de música para cando vamos arranxar unha peza propia nos axude a ver cousas que quedaron dentro. Tampouco nos metería nun estilo concreto.

- Como vos definides?

Non sabería definirnos porque bebemos de moitísimas afluencias. Aida é unha rapaza que lle gusta máis o pop actual e eu, en cambio, xa escoito outro tipo de música. Podo dicir que nos definimos como freestyle xa que facemos o que nos apetece en cada momento. Sempre con moitísimo respecto cara a nosa fala e a nosa música pero sen medo de avanzar e desfrutar do que estamos facendo.

- Cumpríronse as expectativas no voso primeiro disco Tanxugueiras?

O primeiro disco sempre é o do medo porque non sabes moi ben como vai. Pensabamos que metías o disco nunha maquinita, lle dabas a start e tiñamos o resultado. Cumpríronse todas as expectativas ata o punto de que fomos tocar á India, Suiza, Cuba, Edimburgo... Coñecimos a moitos músicos e estivemos traballando con unha banda detrás. Sen dúbida, superáronse as expectativas.

- No 2019, presentastes o segundo disco Contrapunto. As cancións comparten unha mesma temática?

Son dez pezas, cinco temas sobre a parte positiva da vida, o amor, e outros cinco sobre a parte negativa, o malquerer. Veñen a ser coplas que nós creamos que contan a historia de dúas en dúas pezas. Reflexamos a cara boa e a cara mala, de ahí o nome de Contrapunto.

- Cal foi a resposta do público non galego?

Fóra e sobre todo en festivais de música do mundo é moi valorada toda a música tradicional, e a galega máis porque temos algo moi impregnado no noso ADN que son as pandeireteiras de raíz. O que facemos en Galicia non se fai en ningún sitio e cando vas a fóra apláudese. Acabas de tocar nun escenario e a xente salúdate pola rúa, pídeche fotos... Isto tradúcese nun gran respecto pola música de raíz.

- Como está sendo este verán atípico?

Os que nos adicamos a isto facemos o traballo no verán e no inverno vivimos co realizado nesa época. Este ano non vai ser así pero entendemos que é o que hai. Dentro das limitacións que hai nós non nos podemos queixar. Estamos tendo concertos e a xente chámanos polo que cremos que se pasa iso significa que o noso proxecto é vistoso. Hai moítimas agrupacións e para estar no top dos dez grupos que se moven por todos os festivais, pois a verdade é de agradecer. Se todo fose ben sería o noso ano porque teriamos moitas viaxes e concertos por toda Galicia e a nivel estatal... Pero eu non penso morrer aínda (risas).

- O 30 de agosto estaredes na Estrada na Casa do Lagoeiro. Que cantaredes ese día?

Ese día ofreceremos o directo que temos en marcha que non poidemos ruralo demasiado porque fai relativamente pouco que sacamos o disco. É un directo que según di a xente lle impacta especialmente moito o comezo. Isto acompañado dun lugar marabilloso cunha gastronomía moi boa e uns xardíns preciosos fará que sexa unha noite para desfrutar da música en directo.

Tema marcado como favorito