Tendencias

Víctor Fábregas, Mar Saura e Teresa Abalde, hoxe na TVG

O ‘Land Rober Tunai Show’ recibe este xoves a tres convidados especiais // Roberto Vilar artella os enredos deste programa

  • 19 nov 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Land Rober Tunai Show, programa que artella a franxa do prime time cada xoves na Televisión de Galicia (TVG) recibe hoxe a polifacética Mar Saura. A actriz e modelo vén disposta a todo e os espectadores verana coas mans na masa nun cara a cara con Eva... Iso si, sobre os fogóns en Cociña a cegas, en que a finalista de Master Chef Teresa Abalde “velará porque non acabe todo nunha desfeita”, segundo conta a nota de prensa deste formato.

Ademais, volven as aventuras da familia de mariscadores. Josiño disque vai empezar a traballar. A ver se desta vai... E, como a actualidade manda, o programa vai descubrir que pasa agora nos buses coa prohibición de falar.

Por se fose pouco, o show presentado por Roberto Vilar contará coa presenza de Víctor Fábregas, que vai ter que andar fino en É ou non é? Será capaz de identificar os protagonistas das historias máis disparatadas que pasan en Galicia? A resposta ante iso é parte dos fíos dos enredos que artella Roberto Vilar neste magacine que mistura humor, entrevistas, música e concursos, con bos datos de audiencia cada semana.

Por outra parte, tamén hoxe na Galega, A Revista contará hoxe no estudio con Enrique Saavedra, organizador da feira de innovación Maker Faire Galicia 2020, un dos encontros entre makers, creadores e amantes da impresión 3D máis importante de España, que se celebra ata o domingo na Cidade da Cultura de Santiago.

A raíz das conclusións e datos que presenta un informe sobre accidentes de tráfico, no magazine falarase sobre os tratamentos de recuperación máis avanzados, co enxeñeiro biomecánico Xavier Alfonso, director de Umana Biomecánica, e con Juan Albaladejo, avogado e médico especialista en mediciña do traballo e do seguro. Neste senso, un equipo de A Revista estará, en directo, no centro de rehabilitación neurolóxica Cefine, en Culleredo.

Con motivo do Día internacional do retrete, Loly Gómez conversará neste formato co historiador e escritor Xavier Castro e con Tatiana Rodríguez, do negocio Lar de Cee, sobre a evolución no tempo dos inodoros en Galicia . E coma cada xoves, o showman Isi comentará noticias rosas.

tendencias@elcorreogallego.es

www

elcorreogallego.es

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.