Tendencias

Virxinia Pereira, unha figura que foi moito máis que a muller de Castelao

O Consello da Cultura Galega incorpóra a súa biografía ao ‘Álbum de Galicia’

  • 30 jun 2021 / 17:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Santiago. O Álbum de Galicia incorpora a entrada de Virxinia Pereira (A Estrada, 1884-Madrid, 1969). Ana Acuña asina o texto dunha destacada figura que foi moito máis que a muller de Castelao.

A biografía, así como os materiais complementarios que a enriquecen, permiten ver a súa forte personalidade e o seu traballo en prol da causa antifranquista e a defensa da memoria do seu home.

A súa entrada no Álbum segue unha orde baseada nas palabras de Virxinia Pereira dedicadas a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e nas que, nunha carta de 1950 a Ramón Otero Pedrayo, alude á súa vida, pasión e morte. Ana Acuña explica nela que Pereira nace na Estada, no seo dunha familia acomodada, que marca da súa personalidade.

Casaron na Estrada. Os seus país non viron con bos ollos o noivado de Virxinia con Castelao, xa que castelao fora mozo da súa irmá Eva. Con todo, Daniel e Virxinia contraeron matrimonio na Estrada en 1912. A parella asenta en Rianxo. “Alí Castelao exerce como médico xeral e nace o seu fillo Afonso Xesús de Praga en 1914. Dous anos despois, tras Castelao abandonar a medicina a consecuencia dun desprendemento de retina, a familia trasladarase a Pontevedra” explica a biografía.

Tralo levantamento contra a República e o inicio da guerra o matrimonio peregrina por distintos lugares (Valencia, Barcelona, Unión Soviética, Estados Unidos, Cuba, París...) ata acabaren finalmente en Arxentina.

Arxentina. Exiliados en Bos Aires, Castelao é superado pola doenza e Virxinia exerce de enfermeira e confidente ata a morte del o día 7 de xaneiro de 1950. A viuvez provoca en Virxinia Pereira unha especie de rebeldía nacida dun gran dor que se pode apreciar no seu epistolario con Otero Pedrayo e con Valentín Paz Andrade, no que inicia o traballo de difusión do legado do seu home que cumple ata a súa morte en Madrid o 23 de decembro de 1969.

En setembro de 2020 o Consello da Cultura Galega puxo na rede o epistolario cruzado entre Virxinia Pereira (A Estrada, 1884-Madrid, 1969) e o seu avogado Valentín Paz-Andrade (Pontevedra, 1898-Vigo, 1987).

En setembro de 2020 o Consello da Cultura Galega puxo na rede o epistolario cruzado entre Virxinia Pereira (A Estrada, 1884-Madrid, 1969) e o seu avogado Valentín Paz-Andrade (Pontevedra, 1898-Vigo, 1987). Estaba formado por 28 cartas que intercambiaron entre 1951 e 1967, nas que se achega información relevante para entender os conflitos xurídicos pola herdanza de Castelao. Nelas apréciase a firmeza dunha viúva en respectar a vontade do seu home, a complexidade do proceso xudicial da herdanza de Castelao, pero tamén o compromiso político e ideolóxico dunha figura que viviu á sombra do máximo expoñente do nacionalismo.

Estas cartas, dixitalizadas e transcritas do fondo Valentín Paz-Andrade inclúen tamén 15 misivas con outros correspondentes: José Ortega Spottorno, Alfonso Fidalgo-Pereira, Clemencia Pereira Renda e Pilar Rodríguez de Prada.

O epistolario completábase cunha reportaxe contextualizadora de Culturagalega.gal, o portal de divulgación cultural do CCG e un artigo asinado por Miguel Anxo Seixas Seoane que analiza a relación entre Virxinia e Castelao. Nel fai fincapé na complicidade entre eles e o papel que Virxinia desempeñou á morte do intelectual como “valedora da ética actitude de Castelao, que na altura (do seu pasamento) só era celebrado e homenaxeado na emigración e no exilio”. redacción

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.