Tendencias

Xela Arias por Xela Arias

A partir de entrevistas, conferencias, autopoéticas e poemas, Chan da Pólvora reconstrúe a personalidade e a obra da escritora nunha antoloxía de textos intensos e demoledores

  • 23 mar 2021 / 10:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Hoxe, martes 22 de marzo, chega ás librarías, De certo, a vida ía en serio, de Xela Arias, unha singular achega de Chan da Polvora para celebrar o Día das Letras Galegas. A partir de entrevistas, conferencias, reflexións, autopoéticas e poemas, o volume permítenos descrubrir a personalidade e a obra da autora cunha perspectiva ata agora inédita. María Xesús Nogueira foi a encargada de realizar a selección de textos e mais as contornas que pechan o volume, un traballo de indgación que axuda a abrir as lecturas sobre unha muller que vivíu de maneira intensa e, con frecuencia indómita o seu tempo.

Asinamos ser libres e o vieiro é a independencia total e gratuíta”, escribe Xela Arias neste libro de forza incontestable, titulado como un dos seus versos máis rotundos, De certo, a vida ía en serio. Non se trata unicamente dunha escolma ou dunha biografía. Estamos ante unha mirada transversal que reconstrúe a complexidade da escritora a través das súas propias palabras, pero tamén unha esixente selección de poemas, intensos e demoledores, visionarios e inquietantes.

A autora

Xela Arias naceu en Sarria (1962) pero viviu desde os nove anos en Vigo. A inicios da década dos oitenta comezou a publicar en suplementos de xornais, revistas e fanzines. A súa voz deixouse escoitar tamén en recitais, principalmente no Festival da Poesía no Condado, ao que acudiu de maneira habitual. A súa traxectoria profesional transitou desde o traballo en Edicións Xerais de Galicia á docencia no ensino secundario tras retomar os estudos que abandonara e licenciarse en Filoloxía Hispánica.

Na efervescencia cultural dos anos oitenta, atopou no deseño, na fotografía e na música unha posibilidade de diálogo interartístico, que desenvolveu ao longo dos anos en diferentes propostas. Os seus poemas quedaron reunidos en catro volumes: Denuncia do equilibrio (1986), Tigres coma cabalos (1990), Darío a diario (1996) e Intempériome (2003). No ano 2018, María Xesús Nogueira preparou en 2018 unha Poesía reunida (1982-2004) que inclúe numerosos textos soltos de publicacións periódicas e de libros colectivos. Morreu de maneira inesperada en novembro de 2003, cando estaba a traballar nas presentacións de Intempériome.

María Xesús Nogueira

María Xesús Nogueira Pereira (Berres, A Estrada, 1968) é unha das máis recoñecidas investigadoras da poesía galega das últimas décadas, sobre todo no ámbito que indaga na relación dos procesos da escrita e do xénero. Profesora de Literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela, autora de numerosos traballos sobre poesía contemporánea e sinatura frecuente en diferentes medios escritos (durante anos foi colaboradora tamén no desaparecido Diario Cultural da Radio Galega), María Xesús Nogueira foi unha das teóricas da denominada xeración dos 90. É editora da Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias, e foi presidenta da Asociación Galega da Crítica. Para Chan da Pólvora realizou a selección 13. Antoloxía da poesía galega próxima e Dous mil (dezaoito), unha antoloxía da poesía galega editada no ano 2018 que pode consultarse na sección Chanzo da web da editorial, www.chandapolvora.gal.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.