Tendencias

Xunta e Cpeig a prol do uso responsable da web nos mozos

Desenvolveranse 240 xornadas divulgativas en centros escolares para o alumnado e familias

  • 25 ene 2022 / 00:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (Cpeig) veñen de asinar un convenio de colaboración para a realización de actividades de difusión e formación do programa Navega con rumbo, destinado á promoción do uso responsable das novas tecnoloxías entre o alumnado da comunidade educativa dentro da Estratexia de Educación Dixital 2030 da Administración autonómica. O acordo foi asinado polo presidente do Cpeig, Fernando Suárez, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez.

É un programa encamiñado, por unha banda ao alumnado para guialos cara unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos da rede, e por outra, para o profesorado e familias, facéndoos partícipes das recomendacións que eles poden aprender de xeito que tamén sexan transmisores para o alumnado.

O Cpeig realizará xornadas divulgativas, destinadas a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias) dos centros seleccionados. Organizaranse 240 xornadas, dunha hora de duración, durante o curso escolar 2021-2022.

O Colexio elaborará unha Guía de Boas Prácticas en Internet para alumnado, profesorado e familias que estará dispoñible en soporte dixital e que se distribuirá, en formato impreso, nos centros educativos. galegos

A iniciativa conta tamén cunha páxina web propia www.edu.xunta.gal/navegaconrumbo, onde está dispoñibles todo a información do proxecto a prol do uso responsable da web nos mozos.

Desde que se puxo en marcha, a través do Navega con Rumbo leváronse a cabo máis de 1.800 accións formativas nas que participaron ao redor de 100 centros educativos en cada edición.

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia asina dese xeito un novo plan para acadar unha boa visión da revolución dixital.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.