Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Baña aboa os 31.000 € que adeudaba a traballadores municipais

Cúmprese así coa sentenza de 2017 e ponse fin a un conflito que durou nove anos

A Baña. O Concello da Baña vén de facer efectivo o ingreso de máis de 350.000 euros para regularizar a situación dos once traballadores que presentaron unha denuncia o pasado 2016 para que se lles aplicase o convenio colectivo que opera para o sector de oficinas e despachos da provincia da Coruña.

O ingreso supón o cumprimento dunha sentenza dictada polo Xulgado do Social número 3 de Santiago o 23 de febreiro do ano 2017, que obrigaba ao Concello da Baña a aboarlles a estes traballadores un total de 358.552,88 euros en concepto de recoñecemento de categoría e antigüidade, así como as cotizacións á Seguridade Social derivadas do incremento salarial e os intereses de demora.

O alcalde do municpio bañés, José Antonio Pereira, sinalara no pleno do pasado mes de agosto que os empregados municipais afectados asinaran xa un acordo de conformidade coas cantidades que ían recibir. O pagamento pon deste xeito fin a un conflito que se prolongou durante nove anos.

Hai que lembrar que foi no pasado pleno de outubro cando na sesión se incluiu a aprobación unánime dun suplemento de crédito por 351.903 euros para cumprir desta forma coa sentenza que aprobou o pago de salarios pendentes a traballadores municipais. Tamén se daba luz verde durante o pleno a un crédito extraordinario de 6.649 euros para afrontar os intereses da débeda. Dende esta semana, o Concello pecha un capítulo que arrastra dende hai tempo. A.P.

24 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.