Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Baña aproba en agosto o orzamento por 4,4 millóns

Barcala. O pleno da Baña aprobou por unanimidade, un orzamento para o exercicio 2022 que ascende a 4.430.000 euros, e tamén á solicitude de 234.000 euros para gasto corrente con cargo ao POS + Adicional, que rexeitaron os socialistas.

Ademais, todos os edís votaron a favor dos días festivos locais de 2023: o martes de Entroido e o 8 de setembro.

Os orzamentos, os primeiros que aproba o Concello da Baña desde 2017, fan unha especial incidencia na partida dedicada a servizos sociais, favorecendo deste xeito a atención á calidade de vida da cidadanía bañense. A desagregación por programas mostra unha previsión de gasto social de 1.205.007 euros, máis da cuarta parte do total. Mentres, o investimento real en diferentes actuacións de saneamento e abastecemento, así como en melloras culturais, sociais e medioambientais, supera o 30 % do orzamento do Concello para o presente exercicio. O gasto corrente rolda o 34 % M.M.

12 ago 2022 / 23:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.