Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Baña paga as facturas pendentes co Servizo de Axuda no Fogar SAF

Convocouse un pleno extraordinario, e os 69.000 euros saíron da partida de Deportes

A Baña. A Corporación da Baña aprobou, en sesión extraordinaria, o expediente de modificación orzamentaria para unha transferencia de crédito, por valor de 69.000 euros, para pagar as facturas pendentes do Servizo de Axuda no Fogar, SAF. O punto saiu adiante cos votos a favor do goberno socialista (catro) e do Partido Popular (cinco) e a abstención de Compromiso por Galicia (dous).

Segundo manifestou o alcalde, o socialista José Antonio Pereira, era necesario transferir estes 69.000 euros da concellaría de Deportes (na partida de acondicionamento de edificios públicos, para reparar o tellado do polideportivo de Lañas) para a facer fronte ao pago de facturas correspondentes a gasto en materia de servizos sociais, en concreto para o Servizo de Axuda no Fogar. E dado que aA Baña ten prorrogados os presupostos dende o pasado ano 2017, non hai consignación suficiente para asumir estes gastos.

Tanto no relativo a urxencia do pleno, como tras o debate do punto da orde do día, producíronse idénticas votacións, na que PSdeG (catro munícipes) e PP (5) votaron a favor da transferencia de crédito, e CxG (con dous) abstívose. En canto á xustificación da súa abstención, Compromiso criticou a convocatoria de catro plenos urxentes xa, e non ter uns orzamentos preparados con tempo.

Por outra banda, o executivo bañés anima a participar aos autónomos e microempresas, que teñen ata o 25 de novembro para presentar a solicitude nada sede electrónica do Concello. Advirte da importancia de cubrir correctamente o anexo noveno, especificando as condicións da empresa ou actividades. Este apartado do anexo IX é relevante para optar as axudas do PEL Reactiva que promoven Deputación e Concello. m.o.

15 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.