Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A banda Pauliña presenta o seu traballo ‘A malfalada’

Ames. A banda Pauliña chega a Ames co seu último traballo: A Malfalada. Paula Chaves, máis coñecida como Pauliña no panorama musical é unha das voces femininas con máis carácter e personalidade da actualidade. A súa imaxe provocadora, a súa forma de ser (directa, sinxela, achegada...) non deixan indiferente a ninguén. A edil de Mocidade de Ames, Escarlata Pampín, anima á veciñanza a que acuda ao concerto que terá lugar o vindeiro venres, 12 de marzo, ás 19.30 horas, no auditorio da casa da cultura de Bertamiráns. Esta banda mestura o country coa música folk, rock e blues. A banda está formada por Iago Jorge (batería); Lolo Arincón (baixo); Paco Montoto (teclados e melódica) e Julián Gullón (guitarra). A Malfalada é un disco cheo de forza, a mesma que ela descarga en directo, que fai que ao mesmo tempo que transmite as súas inquedanzas e a maneira de ver o mundo, convide a bailar polo ritmo dos músicos e a voz. m. b.

03 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.