Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Carreira do Pavo incluirá o domingo cortes na capital maiá

A Maía. Con motivo da celebración de la XIV Carreira Ciclista do Pavo, que terá lugar o vindeiro domingo doce de decembro nos arredores da avenida da Maía, en Bertamiráns, infórmase de que haberá cortes de tráfico nas rúas, aldeas e lugares polos que transcorre a citada proba.

Os cortes de tráfico chegarán en horario de 11.45 a 13.00 horas na avenida da Maía –dende a rotonda principal ata a estrada de Lapido– precisamente neste último vial, no camiño de Paraxó e na rúa das Pesqueiras.

Por iso, recoméndase evitar as vías citadas, na medida do posible, e utilizar a AG-56 e desvíos alternativos, así como ter en conta o uso dos garaxes afectados nese horario no que se disputará.

ANOTACIÓNS. Esta proba, que rende homenaxe ao ciclista Gustavo César Veloso, ten as anotacións abertas para participantes sen licenza ata o vindeiro venres (enviando un email a begoalonso@mundo-r.com) ás 14.00 horas. Haberá xincanas para os máis cativos, e un circuíto urbano nas proximidades do paseo fluvial. A carreira está organizada pola Asociación Galega de Ciclistas, e conta coa colaboración da Federación Galega de Ciclismo e do Concello de Ames. O. D. Vilar

08 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.