Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Corporación de Rois aprobou no pleno o novo Plan de Igualdade

Foi apoiado polo PP e rexeitado polo PSOE, que argumentou erros técnicos na proposta

Rois. A Corporación de Rois celebrou pleno ordinario no que se aprobou o II Plan de Igualdade do Concello de Rois, cos votos a favor do equipo de goberno (PP) e en contra do PSdeG. Ademáis, por unanimidade, aprobouse a moción do grupo popular solicitándolle a Goberno central e Xunta medidas que fomenten a igualdade entre homes e mulleres.

A iniciativa do grupo de goberno solicitando rebaixas na peaxe e a transferencia da AP-9 foi aprobada cos votos a favor do PP e en contra do grupo socialista. A moción do PSdeG reclamando un PIE para a comarca do Sar foi rexeitada polo PP.

O alcalde, Ramón Tojo, cualificou de “moi importante” o II Plan de Igualdade que elabora o Concello de Rois, que contempla 89 medidas, para executar ata 2028, para fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Neste plan colaboraron as asociacións de mulleres rurais de Ermedelo e Urdilde, o CD Rois, a Asociación de Amas de Casa de Rois, as ANPA do CPI Os Dices e a Asociación Amipa.

Os socialistas opuxéronse argumentando que ten erros técnicos importantes (“utiliza datos estatísticos non actualizados”, sinalou, entre outros, Patricia Ces) e porque non se consultou coas 27 asociacións do municipio nin cos grupos políticos. arca

03 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.