Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A exedil Isabel Vaquero, responsable local do BNG

A Maía. A asemblea local do BNG amesán aprobou por unanimidade a candidatura de Isabel Vaquero e agradeceu o traballo de Alexandre Espinosa como anterior responsable local, destacando a mellora dos resultados electorais e o traballo de cohesión da organización maiá.

O Bloque de Ames renova a súa estrutura como resultado da XVII Asemblea Nacional e faino con cambio na responsabilidade local, que asume Isabel Vaquero co dobre obxectivo de ampliar a base da organización e comezar a traballar na candidatura para as eleccións municipais de maio de 2023. Isabel Vaquero, nada en Ourense en 1967, é técnica do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, reside no Milladoiro e foiconcelleira de Normalización Lingüística e Comunicación entre os anos 2015 e 2019, así como número 5 da candidatura do BNG de Ames nas eleccións de 2019.

Deste xeito, a Asemblea Local do BNG aprobou por unanimidade a candidatura de Isabel Vaquero, que substitúe no cargo a Alexandre Espinosa como anterior responsable local, do que a militancia destacou o traballo de cohesión e ampliación da organización no concello da capital da Maía.

Alexandre incorpórase, xunto co edil e voceiro do BNG de Ames, David Santomil, ao Consello Comarcal de Compostela, A Barcala e Terras de Ordes. M.M.

03 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
BNG
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.