Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h

A mocidade de Boqueixón fórmase en lingua inglesa

Boqueixón. A mocidade de Boqueixón continúa medrando en competencias lingüísticas. Once mozos e mozas da vila veñen de conseguir os certificados oficiais dos niveis B1 e B2 de Oxford, tras superar o correspondente exame de competencias en inglés que constaba de catro partes diferenciadas: comprensión lectora, comprensión auditiva, expresión oral e expresión escrita. Unhas probas que superaron con suficiencia.

Nun acto celebrado no salón de plenos, a rapazada recibiu os diplomas acreditativos, o que foi a culminación de moitos anos de traballo xa que moitos destes mozos e mozas levan dende Primaria participando nos cursos de inglés que anualmente convoca o Concello.

As clases do curso 2022-2023 darán comezo o vindeiro mes de outubro e estenderanse ata xuño no CPI Antonio Orza Couto, divididos en grupos de acordo ao seu nivel de inglés. Un curso no que participarán máis de oitenta rapaces e rapazas do municipio boqueixonés.

Por certo que dende o goberno local lembran que están abertas as prazas para anotarse ao curso de ioga e benestar, que dará comezo en outubro e se impartirá os venres na casa da cultura de Camporrapado. C.E.

17 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.