Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘A parábola do angazo’, ou a mistura da lingua co humor

A Maía. A parábola do angazo será a terceira proposta de febreiro da programación de artes escénicas de Ames neste semestre, e terá lugar este venres 11, ás 20.30 horas, na casa da cultura de Bertamiráns (entradas xa a venta na billeteira web por 5 € e descontos de ata o 50 %).

Nesta peza, a compañía Talía Teatro conta, a través da comedia, a historia dun mozo dunha aldea galega que esquece a súa lingua ao emigrar uns meses a Castela. Partindo dunha lenda xa recollida polo Padre Sarmiento no século XVII, a obra busca mostrar a capacidade de resistencia do galego. As entradas están xa á venda na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

A parábola do angazo é unha viaxe con humor pola historia do galego e algunhas das súas anécdotas máis significativas, fiada por unha coñecida lenda xa recollida polo Padre Sarmiento no século XVII. Conta como un mozo dunha aldea esquece o galego ao emigrar uns meses a Castela. M. Outeiro

09 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.