Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A poboación amiense situose a 1 de xaneiro en 32.115 habitantes

ames. Segundo os datos provisionais que manexa o Concello, a través do padrón municipal, a poboación de Ames a 1 de xaneiro de 2022 sitúase en 32.115 habitantes (15.467 homes e 16.648 mulleres). Estes datos son provisionais xa que están pendentes de aprobación por parte do INE. Segundo o organismo estadistico a 1 de xaneiro de 2021 Ames tiña un total de 31.993 habitantes (15.379 homes e 16.614 mulleres). Deste xeito, no 1 de xaneiro de 2022 producíronse 1.620 altas no censo por cambio de residencia e 207 altas por nacemento. Ademais, ao longo do exercicio 2021 houbo 1.533 baixas por cambio de residencia e 172 baixas por defunción. Por último, cómpre salientar que se producíronse 747 cambios de domicilio dentro do termo municipal. Ao longo do exercicio 2021 a poboación no concello de Ames incrementouse lixeiramente sumando 122 novos veciños e veciñas. Segundo os datos provisionais que manexa o Concello, a través do padrón municipal, a poboación de Ames a 1 de xaneiro de 2022 sitúase en 32.115 habitantes (15.467 homes e 16.648 mulleres), dos que unha maioría deles están en idade de traballar e outra ampla maioría encádrase no grupo da mocidade, garantindo así o futuro demográfico do concello. s.E.

29 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.