Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A ponte con máis historia de Boqueixón iluminarase coas candeas

Mañá o campo do río de Ponte Ledesma celebra unha nova edición da Noite Velada

Boqueixón. O campo do río de Ponte Ledesma acollerá mañá venres ás 22.00 horas a quinta edición da Noite Velada. Esta iniciativa, organizada polo Departamento de Turismo do Concello de Boqueixón, pretende aunar a tradición e a cultura envolta coa imaxe dunha ponte histórica que se alumeará coa luz das candeas e as teas. Un ambiente máxico que será recreado a partir das 22.00 horas, se ben para evitar aglomeracións abrirase o acceso a partir das 21.00, tal e como informan fontes municipais.

A Noite Velada estará amenizada polas actuacións de Son de Gaita e Habelas Hainas. As persoas asistentes disporán de cadeiras debidamente separadas no campo do río para poder desfrutar do concerto. A actividade é totalmente gratuíta e o aforo estará limitado, polo que aqueles que desexen asistir deberán inscribirse previamente para reservar praza chamando ao número de teléfono 981 513061 ou enviando un correo electrónico a boqueixonturismo@gmail.com.

Todas as persoas asistentes deberán cumprir obrigatoriamente coas medidas hixiénico sanitarias: levar máscara durante todo o evento, manter a distancia interpersoal dun mínimo de 1,5 metros e utilizar hidroxel para a hixiene de mans. Dende o Concello animan aos veciños e veciñas a participar nesta actividade dun xeito responsable. “O lecer non ten por que ser incompatible co obrigado cumprimento dos protocolos de prevención contra a COVID”, alertan dende o goberno local. c.e.

05 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.