Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 03 febrero 2023
01:00
h

A Proa achega ás pemes a seguridade informática

Ames. A Proa, o espazo colaborativo amesán sito en Novo Milladoiro, retoma a actividade adiada o pasado 16 de setembro: o Taller de seguridade informática nas pemes (pequenas e medianas empresas), que chegará este mércores ás 18.00 horas. Deste xeito, e despois dun dun breve parón durante os meses de xullo e agosto, retómanse as actividades no centro de coworking A Proa. O coworker Rafael Yáñez, promotor do proxecto Impulsa Dixital (xunto a súa compañeira Isabel Viñas), será o encargado de impartir dito taller. A inscrición para esta actividade pode realizarse de balde na ligazón que aparece na web municipal. Coñeceranse ferramentas de seguridade de hardware, software e das redes. Ademais, falarase das normas básicas da LOPD; como garantir a protección dos datos e medios informáticos ou como navegar pola rede e empregar o correo electrónico de xeito seguro. Por último, afondarase na formación do usuario. M.O.

30 sep 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.