Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A vaquiña polo que vale: a Xunta axudará, pero a xestión da auga é local

Infraestruturas anima ó alcalde a pedir fondos no Estado para Sisalde e a repoñer o bus de Ortoño

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, acompañada do delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e do director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, mantiveron unha xuntanza co alcalde, Blas García, na que abordaron a solicitude do Concello de apoio para a xestión “das competencias municipais” en materia de augas. Do mesmo xeito, tratouse o transporte para Ortoño, aludindo a conselleira ao “compromiso” local de repoñer o bus con Santiago.

Segundo un comunicado da Xunta, Ethel Vázquez confirmou a disposición autonómica a axudar ao Concello nas súas competencias, “como demostra o feito de que xa actualmente Augas de Galicia estea a realizar a auditoría das redes municipais, paso previo para elaborar un plan de saneamento local”. A citada auditoría analiza o funcionamento das redes, as posibles infiltracións e otras deficiencias que afectan á eficacia e á capacidade das depuradoras, cuxa xestión “é tamén unha competencia municipal”.

No que atinxe á solicitude municipal de apoio da Xunta para as obras da depuradora de Sisalde, a conselleira trasladou tamén a disposición autonómica a botar unha man neste asunto, procurando un marco de colaboración entre as distintas administracións, incluída a Deputación provincial da Coruña, que ten o deber de auxilio aos municipios nas súas competencias. Ademais, lembrou que o Goberno de España está a impulsar a execución de actuacións como a ampliación da avenida de Alfonso Molina da Coruña ou a nova EDAR de Santiago de Compostela con fondos europeos de reconstrución, Next Generation, e sinalou a conveniencia de que a Xunta e o Concello de Ames se unan para solicitar tamén esta vía para financiar as obras da estación comarcal de Sisalde.

E, pra rematar, na xuntanza abordaron tamén a situación do transporte público, lembrándose o compromiso do Concello de tramitar un convenio con Santiago para repoñer a prestación dos servizos de bus urbano na parroquia de Ortoño.

Pola súa banda, dende a capital maiá o rexedor calificaba de “cordial” a toma de contacto, e lembra que presentoulle á conselleira un orzamento para a mellora do pavimento e beirarrúas que habería que executar antes de transferir a avenida da Maía ao Concello de Ames, asegurando que Vázquez comprometeuse a estudialo.

Outros temas discutidos foron o do abastecemento de auga, falándose “da posibilidade de ampliar a tubaxes para poder levar o subministro a Milladoiro”, aporta o tripartito. Neste senso, o obxectivo é que dita potabilizadora poida dar servizo á veciñanza do Milladoiro e das parroquias de Biduído e Bugallido.

Por último, solicitáronlle apoio para o proxecto conxunto de saneamento en Piñeiro, Tapia e Troitosende.

07 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.