Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Abre ata o 31 de marzo a matrícula no centro boqueixanés Raíña Lupa

BOQUEIXÓN. A Escola Infantil Municipal (EIM) Raíña Lupa de Boqueixón terá aberto todo o vindeiro mes de marzo o proceso de solicitude de prazas de novo ingreso e renovacións. As instancias deberán achegarse xunto coa documentación completa correspondente e poderán presentarse a través da sede electrónica https://sede.boqueixon.com/opencms/es/ ou no rexistro xeral do Concello. Para este último caso, e debido á crise sanitaria actual, será obrigatorio solicitar cita previa no teléfono 981 513106. Para optar ás prazas, os interesados deben estar empradoados no termo municipal. A idade mínima é de tres meses na data de ingreso e a máxima é de menos de tres anos. A EIM Raíña Lupa disporá o vindeiro curso 2021/2022 de 53 prazas divididas en catro aulas. O persoal fórmano a directora, catro educadoras e profesionais de apoio e limpeza. A.P.

24 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.