Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Abren prazo para solicitar permisos e facer cacharelas de San Xoán ata as xornadas do 16 e 21

O tempo será máis reducido se se elixe algún espazo público, e as forzas da orde van vixiar pola seguridade

A Maía. O Concello de Ames abre o prazo para solicitar permiso para a realización de cacharelas na noite de San Xoán (a do 23 de xuño). No caso de espazos públicos o periodo vai do 6 de xuño ao día 16 de xuño, ás 14.00 horas, mentres que se son espazos privados, o tempo de solicitude abrangue do 6 de xuño ao día 21 de xuño, ás 14.00 horas.

Estas normas fanse extensivas á celebración de cacharelas/sardiñadas durante todo o mes de xuño. As solicitudes deberán presentarse preferentemente por rexistro telemático, a través da sede electrónica do Concello de Ames. Para levar as solicitudes de forma presencial haberá que solicitar cita previa na sede electrónica. Xa de cara á celebración das cacharelas/sardiñadas as persoas, organizacións e comunidades deberán presentar a solicitude segundo o modelo publicado nesa sede electrónica (sede.concellodeames.gal/GDCarpetaCiudadano/welcome.do) tamén dispoñible fisicamente nas oficinas xerais, enchendo tódolos datos que constan en dito modelo de solicitude.

No caso de cacharelas ou sardiñadas solicitadas para espazos públicos deberán achegar á solicitude un mapa do lugar exacto onde celebrarán a fogueira. E aquelas que sexan solicitadas neste tipo de foros comúns deberán ser expresamente autorizadas polo concelleiro de Administración xeral e Urbanismo a través dunha resolución que será publicada na páxina web do Concello e no taboleiro de anuncios.

No caso das peticións de cacharelas/sardiñadas para espazos privados, o Concello de Ames enviará unha mensaxe confirmando a recepción da mesma, que será suficiente para levar a cabo o evento. Existe un bando con todos os datos, e o cumprimento das normas respecto ás cacharelas será comprobado pola Policía Local e /ou corpos e forzas de seguridade. O.D. Vilar

07 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.