Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Abren unha oficina de atención veciñal no vello centro de saúde do Milladoiro

A Maía. O Concello de Ames vai poñer en marcha unha oficina de atención veciñal para O Milladoiro o vindeiro luns 16 de xaneiro. Estará ubicada nas antigas instalacións de pediatría no Milladoiro.

Deste xeito, o rexistro municipal volverá a estar neste lugar e, ademais, haberá un posto para Policía Local e un de Protección Civil. Esta oficina é segundo o alcalde de Ames, Blas García, “só o comezo da posta en marcha dun servizo de atención veciñal” no núcleo do Milladoiro. Así, e cas obras nesa sala xa rematadas, buscouse aproveitar un local que dende a apertura do novo centro de saúde quedou en desuso. As obras realizadas estaban encamiñadas a dotar o espazo de accesibilidade, e para iso ampliouse a porta principal e instalouse un baño adaptado no hall principal. No recibidor creáronse dous postos para atención ao público e rexistro municipal, habilitando tamén unha sala de espera, ademais dos despachos. M. O.

10 ene 2023 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.