Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Abride a fiestra pecha o 50 aniversario da Casa Rosalía o día 17 de xullo

padrón. A Fundación Rosalía de Castro pon en marcha a cuarta edición do festival Abride a Fiestra, que terá lugar o domingo 17 de xullo na Casa de Rosalía, e que acollerá diferentes manifestacións culturais tendo a Rosalía como figura central. Con este evento rematarán os actos do seu 50 aniversario. Entre os protagonistas da fin de semana terán a Leilía, que están a celebrar o seu 30 aniversario; LaMontagne&PicoAmperio e Brais das Hortas para os máis pequenos. Nunha xornada de portas abertas na que ademais se celebrarán os 50 anos da Casa de Rosalía, Pepe Carreiro estará debuxando a Rosalía na Horta da Casa da Matanza; haberá regueifas da man de Luís O Caruncho e Lupe Blanco e tamén libros e literatura da man de Rompente. Asemade haberá unha cata de viños coa adega Paco & Lola. E regresan as visitas guiadas. arca

12 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.