Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Abril vén cargado para os amesáns de sesións de cine

Ames. A través do programa Abril de cine a veciñanza amesá poderá gozar de tres sesións de cine con filmes galegos durante os mércores de abril. A primeira película que se proxectará será Ons, o vindeiro día 7 de abril na casa da cultura de Bertamiráns. A seguinte sesión será o 14 co filme A Illa das mentiras, na casa da cultura do Milladoiro. A terceira e última realizarase o día 21, tamén na casa da cultura de Bertamiráns. Neste caso proxectarase o filme Trote. Todas as proxeccións serán ás 20.00 horas e a entrada é de balde e haberá que reservala a través da billeteira electrónica.

A concelleira de Cultura, Natividade Álvarez, aproveita para resaltar que “o cine en galego é un referente a nivel nacional”. Engade ademais que “é un dos sectores máis na vangarda” e resalta a importancia do audiovisual nas circunstancias actuais. A.P.

22 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.