Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Achegan á rapazada amesá nocións sobre informática e mecanografía

Ames. A rapazada amesá poderá desfrutar de diversos cursos de informática e ofimática na aula Cemit de Bertamiráns despois deste Nadal. Para comezar, entre o 17 de xaneiro e o 28 de marzo está programado un de nivel medio para a cativada maior de 9 anos. Trátase dunha formación adecuada para aquelas persoas que xa realizaran anteriormente formación previa en informática básica, e impartirase todos os martes, de 17.15 a 18.45 horas.

Ademais, haberá dous máis de mecanografía entre o 19 de xaneiro e 30 de marzo. O primeiro, que se desenvolverá os xoves de 17.00 a 18.00, oriéntase a menores de dez anos, mentres que o segundo, que tamén será os xoves, de 18.00 a 19.00, diríxese á rapazada maior de dez anos.

Nos dous será empregada unha plataforma online coa que o alumnado poderá practicar en calquera momento dende a súa casa. Para anotarse deben rexistrarse antes na aula Cemit. M. M.

08 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.